Páginas

domingo, 3 de febrero de 2013

Textos de Locke para comentar.

"Amosar o cvamiño polo que chega a nós calquera coñecemento é suficiente para probar que este non é innato.   É unha opinión establecida entre algúns homes que existen no entendemento certos principios innatos, certas nocións primarias,caracteres, coma se fosen impresos na mente do home; os cales son recibidos pola alma no primeiro intre do seu existir e cos cales vén ó mundo.   Para convencer ós lectores que non teñan prexuízos, abondaría con que eu mostrase -como espero facer nas seguintes partes deste Discurso- cómo os homes , tan só mediante o uso das súas facultades naturais,poden acadar a certeza  sen necesidade de tales nocións ou principios.   Polo cal, imaxino, calquera me concederá facilmente que sería unha impertinencia supoñer que as ideas das cores son innatas nunha criatura a quen Deus dotou coa vista e do poder de recibilas dos obxetos externos polos ollos.   E non menos absurdo sería atribuírlle algunhas verdades ás impresións da natureza e ós caracteres innatos, cando nós podemos observar que as nosas propias facultades se adaptan para obter un coñecemento tan fácil e certo delas como se estas fosen orixinariamente impresas na mente."
       J.LOCKE: Ensaio sobre o entendemento humano.


"O coñecemento da nosa propia existencia é intuitivo.  No que se refire á nosa propia existencia,esta é percibida por nós con tanta plenitude e certeza, que non necesita nin é susceptible de proba ningunha, xa que nada pode ser máis evidente para nós que a nosa propia existencia.   Eu penso, eu razoo, eu sinto pracer e dor: pode algo disto ser máis evidente para min que o meu propio existir?.  Se eu dubido de todas as demais cousas, esa mesma dúbida faime percibir a miña propia existencia, e non me fará padecer dúbida dela.  Dado que se eu sei que sinto dor, é evidente que eu teño unha percepción tan certa da miña propia existencia como da existencia da dor que sinto; ou se eu sei que dubido, eu teño unha percepción tan certa da existencia da cousa que dubida como a teño daquel pensamento ó cal chamo dúbida.  A experiencia convéncenos de que nós temos un coñecemento intuitivo da nosa propia existencia".
      J.LOCKE:Ensaio sobre o entendemento humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario