Páginas

domingo, 24 de febrero de 2013

TEXTO DE KANT.

Ilustración é a saida do home da súa minoría de idade, da cal el mesmo é culpable.  Minoría de idade é a incapacidade de servirse do seu entendemento sen a dirección doutro.   Un mesmo é o culpable desta minoría de idade cando a causa dela non reside na carencia de entendemento, senón de decisión e valor para servirse del sen a dirección de outro.  ¡Sapere aude! ¡Ten o valor de servirte do teu propio entendemento!, velaí a divisa da ilustración.
Pregiza e covardía son a causa pola que unha tan grande parte de homes moito despois de que a natureza os ceibara da dirección allea, sigan emporiso a ser con gusto toda a vida menores de idade; e é por iso m que lles resulta tan doado ós outros erixirse nos seus titores. ¡É tan cómodo ser menor de idade!. Se teño un libro que pensa por min, un director espiritual que ten unha conciencia moral para min, un médico que me prescribe unha dieta, etc, daquela  non preciso molestarme.  Se podo pagar, non teño necesidde de pensar; xa haberá outros que asuman por min tan amoladora tarefa.  A inmensa maioría dos homes  consideran que  o paso cara á maioría de idade, ademais de pesado, é perigoso: iso procuran os titores que se encargaron  bondadosamente do seu contro...
 KANT  ¿Que é Ilustración?

domingo, 3 de febrero de 2013

LEYES DE LA PERCEPCION

 Para comprender las leyes de la percepción os pueden ser muy útiles las imágenes que os aparecen en el siguiente enlace:

 https://www.google.es/search?q=leyes+de+la+percepci%C3%B3n&hl=es&tbo=u&tbm=isch&source=univ&sa=X&ei=7kAOUe6DE8a2hAfn6IH4Ag&sqi=2&ved=0CC8QsAQ&biw=1920&bih=889

Textos de Locke para comentar.

"Amosar o cvamiño polo que chega a nós calquera coñecemento é suficiente para probar que este non é innato.   É unha opinión establecida entre algúns homes que existen no entendemento certos principios innatos, certas nocións primarias,caracteres, coma se fosen impresos na mente do home; os cales son recibidos pola alma no primeiro intre do seu existir e cos cales vén ó mundo.   Para convencer ós lectores que non teñan prexuízos, abondaría con que eu mostrase -como espero facer nas seguintes partes deste Discurso- cómo os homes , tan só mediante o uso das súas facultades naturais,poden acadar a certeza  sen necesidade de tales nocións ou principios.   Polo cal, imaxino, calquera me concederá facilmente que sería unha impertinencia supoñer que as ideas das cores son innatas nunha criatura a quen Deus dotou coa vista e do poder de recibilas dos obxetos externos polos ollos.   E non menos absurdo sería atribuírlle algunhas verdades ás impresións da natureza e ós caracteres innatos, cando nós podemos observar que as nosas propias facultades se adaptan para obter un coñecemento tan fácil e certo delas como se estas fosen orixinariamente impresas na mente."
       J.LOCKE: Ensaio sobre o entendemento humano.


"O coñecemento da nosa propia existencia é intuitivo.  No que se refire á nosa propia existencia,esta é percibida por nós con tanta plenitude e certeza, que non necesita nin é susceptible de proba ningunha, xa que nada pode ser máis evidente para nós que a nosa propia existencia.   Eu penso, eu razoo, eu sinto pracer e dor: pode algo disto ser máis evidente para min que o meu propio existir?.  Se eu dubido de todas as demais cousas, esa mesma dúbida faime percibir a miña propia existencia, e non me fará padecer dúbida dela.  Dado que se eu sei que sinto dor, é evidente que eu teño unha percepción tan certa da miña propia existencia como da existencia da dor que sinto; ou se eu sei que dubido, eu teño unha percepción tan certa da existencia da cousa que dubida como a teño daquel pensamento ó cal chamo dúbida.  A experiencia convéncenos de que nós temos un coñecemento intuitivo da nosa propia existencia".
      J.LOCKE:Ensaio sobre o entendemento humano.